fbpx
Unha imaxe que representa a San Martiño de Tours / primeiroscristianos.com

Como era a Gallaecia Sueva de San Martiño de Tours?

Tempo de lectura: 2 min.

O patrón de Ourense terá a súa homenaxe. Unha homenaxe que ademais será internacional e que servirá para analizar a Gallaecia Sueva na que evanxelizou. E é que Ourense acollerá entre o 14 e o 18 de novembro o “Congreso Internacional sobre san Martiño de Tours” cando se conmemoran os 1.700 anos do seu nacemento.

O congreso converterá eses días a Ourense “na capital mundial do ano Martiñano, pois serán tres os congresos que se celebren ao redor desta figura en Tours, Bos Aires e Ourense, sendo este último o máis internacional pola relevancia dos seus participantes e pola súa temática.

Así, no de Ourense participarán recoñecidos especialistas de Estados Unidos Brasil, Gran Bretaña, Francia, Portugal, Austria e España, que analizarán a figura deste santo e a súa influencia na configuración social, política, relixiosa e territorial do reino suevo no que viviu este santo.

O congreso estruturase entorno a tres bloques temáticos: a figura de san Martiño; os procesos de evanxelización e os mecanismos de conversión, e unha posta ao día das distintas sedes episcopais que conforman o actual territorio da Gallaecia. As actividades desenvolveranse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, no Liceo de Ourense, na Facultade de Historia, e no Pazo de Vilamarín.

Presentación do Congreso Internacional sobre san Martiño de Tours

Presentación do Congreso Internacional sobre san Martiño de Tours

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, e cos investigadores medievalistas da Universidade Autónoma de Madrid, Jorge López Quiroga e Artemio Martínez, presentaron este martes na capital do Estado este congreso.

“Martiño de Tours é a Historia mesma”

Así, Manuel Baltar agradeceu o traballo de organización e coordinación do congreso que leva a cabo o historiador Jorge López Quiroga, “un medievalista referente en Europa”, e tal e como anunciou o Día da Ourensanía de 2015 “xa é unha realidade este evento histórico e cultural que servirá para coñecer aínda máis e poñer en valor a obra e a traxectoria de san Martiño de Tours”.

Pola súa banda, o director da Casa de Galicia afirmou na presentación que un pobo “que celebra o 1.700 aniversario do nacemento dun personaxe histórico é digno, sabio e entrañable, porque san Martiño de Tours é a Historia mesma”, e definiu a Ourense como “un pobo que fixo Galicia e que goza das excelencias que fan grandes aos territorios e poderosos aos seus habitantes”, expresou José Ramón Ónega.

Fillo dun tribuno romano

Martiño de Tours, tamén coñecido como San Martiño Bispo e San Martiño Cabaleiro, naceu en Sabaria, Panonia (hoxe Szombathely, Hungría) no ano 316 e finou en Candes (hoxe Candes-Saint-Martin), Francia, no ano 397, é o patrón da diocese de Ourense. Foi fillo dun tribuno militar romano, seguiu a carreira militar no exército romano, que abandonou para dedicarse á vida relixiosa.

Pode que che interese...