Cruceiro de Troña / wikipedia

A Fortaleza de San Paio de Narla, capital dos cruceiros de Galicia por dous días

A Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) acolle esta fin de semana o VIII congreso galego de cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas un evento que reúne aos principais especialistas sobre estas pezas de Galicia e doutros puntos do Estado, así coma de Portugal. Un evento que ten lugar xusto cando coñecíamos esta semana o roubo doutro cruceiro en Parada, Lalín.

O congreso comeza este sábado ás 11.00 horas cun acto inaugural a cargo de Álvaro Santos Ramos, vicepresidente da Deputación de Lugo, e de Fernando Arribas Arias, presidente da Asociación de Amigos dos Cruceiros. Xa ás 11.30 horas terá lugar a primeira sesión de relatorios que continuará ás 17.00 horas. O domingo seguirán os relatorios e, ás 13.00 horas, terá lugar a clausura con María Pilar García Porto, deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico, Deseño e Artesanía.

A este congreso, de entrada libre, presentáronse diversos relatorios que analizan a situación dos cruceiros en concellos como Foz, Arbo, Tomiño, Guntín, Amoeiro, A Guarda, Pontedeume, a Ribeira Sacra ou o Ribeiro, así como de localidades portuguesas.

A listaxe de cruceiros é a seguinte:

1.- CRUCES, CRUCEIROS, CRISTOS E PETOS DO CONCELLO DE FOZ, por Mario Saavedra Pérez.
2.- CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DE ARBO (II): PARROQUIAS DE CABEIRAS, CEQUELIÑOS, MOURENTÁN E SELA, por Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez.
3.- MORREN OS PETOS, XORDEN OS ESMOLEIROS. O CASO DOS ESMOLEIROS DA VIRXE DE FÁTIMA EN PONTEAREAS (PONTEVEDRA), por Mónica Leirós Bargiela e Purificación Porto Sebastián.
4.- CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE TOMIÑO (TOMIÑO-PONTEVEDRA), por Félix Loira López e Estanislao Fernández de la Cigoña.
5.- O VIACRUCIS DE SANTO ANDRÉ DE XEVE (PONTEVEDRA) ENTRE A DEVOCIÓN E A RUÍNA, por Xoán Ibáñez Rodríguez e Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez.
6.- OS PETOS PORTICADOS: MANIFESTACIÓN DE FONDOS SENTIRES DO POBO E DE AQUITECTURA POPULAR., por Ángel Cerrato Álvarez.
7.- CRUCES E CRUCEIROS DO CONCELLO DE GUNTÍN, por José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñiz.
8.- CRUCEIROS, CRUCES E ESMOLEIROS DA RIBEIRA SACRA LUCENSE: CONCELLO DE CHANTADA, por Fernando Arribas Arias.
9.- CRUCEIROS E CRUCES DE BURELA, por Mario Saavedra Pérez.
10.- PROBAS E CONSIDERACIÓNS SOBRE O ESCULTOR IGNACIO CERVIÑO, por Anxo Coya Otero.
11.- CRUCEIROS FÓRA DO COMÚN, por José María Rodríguez Tubio.
12.- CRUCEIROS DO RIBEIRO (I), por Xesús Antonio Gulías Lamas.
13.- CRUCEIROS DO RIBEIRO (II), por Xesús Antonio Gulías Lamas e Serafín Pérez Gei.
14.- OS CRUCEIROS NAS POESÍAS DA PRENSA, por Cecilia Doporto Regueiro.
15.- OS VIACRUCIS DA CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, por Clodio González Pérez.
16.- CRUCEIROS DE LORDELO (MONÇAO-PORTUGAL), por María Prieto Vergara.
17.- CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DA GUARDA (II): PARROQUIA DE SANTA MARÍA DA ASUNCIÓN DA GUARDA, por Victoria Fernández de la Cigoña Rodríguez.
18.- ALEJANDRO CABANELAS E O CRUCEIRO CORUÑÉS DA PRAZA DO MARQUÉS DE SAN MARTÍN, por Francisco Xabier Louzao Martínez.
19.- TERRA DE NEMANCOS: CRUCEIROS NUNHA PAISAXE DESAGRARIZADA, por Manuel Vilar.
20.- CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS DO CONCELLO DE AMOEIRO (OURENSE), por Celso Rodríguez Cao.
21.- CRUCES E CRUCEIROS DA PARROQUIA DE SAN XÉS DE PADRIÑÁN (SANXENXO-PONTEVEDRA), por Alberta Aspres.
22.- NOTAS SOBRE UN CRUCEIRO GALEGO NA CIDADE DE PORTO, por Lois Ladra.
23.- CRUCES E CRUCEIROS DO CONCELLO DE PONTEDEUME, por Juan José Burgoa Fernández.
24.- ENXEÑERÍA 3D APLICADA AOS CRUCEIROS. UN EXEMPLO DE DOCUMENTACIÓN PATRIMONIAL, por Roberto Rodríguez Cabeceira, de Xeométrica Enxeñería.
25.- CRUCEIRO E PETO DE ÁNIMAS DE SAN FRANCISCO DE CORTELLAS (PADRÓNS-PONTEAREAS), DEVOCIÓNS AO PÉ DA CAPELA E ROMARÍA DE SAN FRANCISCO, por Andrés Sampedro Fernández.
26.- CRUZEIROS E CALVÁRIOS DO CONCELHO DO FUNDÃO (PORTUGAL). UMA ANÁLISE ESPACIAL, por Pedro Miguel Salvado, José Paulo Duarte, André Mota Veiga, Pedro Mendonça e Juana Bizarro (Museo Arqueológico Municipal de Fundão-Portugal).
27.- CRUCEIRO DE S. JOÃO DE CASTELO BRANCO: MEMORIA E PATRIMONIALIZAÇÃO, por Pedro Miguel Salvado.
28.- DEVOCIONES EN GRANITO: LOS CRUCEIROS MEDIEVALES EN LA PROVINCIA DE A CORUÑA, por Sara Carreño López.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: