Obras do Mestre Mateo marchan a Madrid aseguradas en 5,8 millóns | Historia de Galicia
Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago / porticodagloria.com

Obras do Mestre Mateo marchan a Madrid aseguradas en 5,8 millóns

Tempo de lectura: < 1 min.

O Mestre Mateo, a súa arte e as súas obras serán as principais protagonistas do Museo do Prado entre o 29 de novembro e o 26 de febreiro. Alí se inaugurará unha mostra con dez pezas do artista galego que foron xa aseguradas en 5,8 millóns de euros.

O período de cobertura iniciouse o 11 de novembro e surtirá efecto dende a entrega das obras por parte do cedente ata a devolución destas con data límite do 10 de abril de 2017.

Seis das esculturas atópanse na Catedral de Santiago; outras dúas exhíbense no Museo de Pontevedra e dous máis obran en poder da familia Franco-Polo e atópanse na Casa Cornide, na cidade da Coruña. Entre elas, destacan varias pezas do Mestre Mateo como as escultura de granito ‘Enoch’, ‘Elias’, ‘Rosetón’, ‘San Mateo’ e o ‘Rei Salomón’.

A mostra monográfica, que permitirá difundir internacionalmente a obra do Mestre Mateo -primeira vez que se fai unha exposición fóra de Galicia sobre o escultor-, realiza un completo percorrido polo traballo do artista na Catedral de Santiago dende 1168, cando asumiu a dirección de obra, ata 1211, o ano en que o arcebispo Pedro Muñiz consagrou o templo nunha cerimonia presidida polo rei Alfonso IX.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: