fbpx
Trincheira no Monte Amurrio, en Araba, onde combatiron republicanos galegos/ Xurxo Ayán

Os galegos, protagonistas na fronte de guerra de Euskadi

Tempo de lectura: 2 min.
Monte de San Pedro, unha das liñas da fronte de Euskadi na Guerra Civil / Xurxo Ayán

Monte de San Pedro, unha das liñas da fronte de Euskadi na Guerra Civil / Xurxo Ayán

Un equipo da Universidade do País Basco, dirixido polo profesor da Universidade de Gasteiz, Xurxo Ayán, está a levar a cabo o proxecto arqueolóxico “Arqueoloxía da guerra civil e socialización do patrimonio no monte de San Pedro (Amurrio, Araba)”. Un proxecto no que teñen que ver, e moito, os galegos.

E é que polo monte de San Pedro pasaron batallóns do PNV (Araba), do Partido Comunista (Leandro Carro), da UXT, así como o batallón anarquista Bakunin. Neste batallón (así como no Batallón Celta) combatiron moitos mariñeiros anarquistas galegos que escaparon por mar até Pasaia e Trinxerpe, fixeron a revolución social en Donosti e fixeron fronte ao avance franquista desde Irún.

O batallón Bakunin tiña o seu posto de mando nun antigo reformatorio de Amurrio (o REFOR). Esta fin de semana organizouse unha recreación no fortín escavado esta campaña. Os soldados anarquistas do Bakunin voveron, aínda que recreados, ao monte de San Pedro e ao reformatorio de Amurrio.

Escavación nas trincheiras da Fronte Basca no monte de San Pedro, en Amurrio / Xurxo Ayán

Escavación nas trincheiras da Fronte Basca no monte de San Pedro, en Amurrio / Xurxo Ayán

Paisaxe bélica

O equipo está facendo un estudo integral da paisaxe bélica do monte de San Pedro, onde se estableceu a fronte de guerra entre decembro de 1936 e maio de 1937. A intervención abrangue a prospeción intensiva do territorio, a xeorreferenciación das trincheiras e a escavación de niños de metralladoras. A escavación (24 de outubro ao 7 de novembro) xa forneceu 1000 obxectos arqueolóxicos e datos suficientes para saber o que pasou alí o 27 de maio de 1937, data na que grazas á artillería italiana e á aviación alemá, os franquistas conqueriron esta posición defensiva no seu avance cara a Bilbao.

Esta iniciativa conta co apoio do INCIPIT (CSIC) de Santiago de Compostela, o Goberno vasco, o concello de Amurrio, a asociación etnográfica AZTARNA, a Vital Kutxa, a Cátedra UNESCO de Paisaxes Culturais e o Grupo de Investigación en Patrimonio Construido da UPV/EHU.

Na campaña do ano que vén, a desenvoltar en maio de 2017, levaremos a cabo un documental sobre os combatentes galegos no Exército de Euzkadi, coa asesoría do especialista Satxa Balchada.

Máis información en www.sanpedro1936.wordpress.com e www.guerraenlauniversidad.blogspot.com

Pode que che interese...