Praia das Catedrais / anaturhotel.com

Podería Lugo ocultar un dos complexos mineiros máis importantes de Roma?

As Médulas están consideradas, ata o de agora, como a gran mina de ouro da antiga Gallaecia. Un espazo, hoxe protexido, que no seu día albergou un das minas máis grandes do imperio romano. Pero, ademais das Médulas, Galicia tamén podería fornecer a Roma con outra mina igual ou máis grande que a que hoxe se atopa no Bierzo.

Iso é o que cre, cando menos, Mariña Patrimonio que insiste en que esta zona do norte de Lugo, e especialmente a Praia das Catedrais, puideron ter unha gran importancia no suministro de ouro ao imperio. Tan importante pode ser este achado que a BBC xa se fixo eco da nova.

“Galicia é unha área moi rica en ouro, e a praia das Catedrais está rodeada destas minas de ouro”, explicou Manuel Miranda, presidente desta entidade. No mes de outubro, o Goberno galego deulle o visto e prace a esta organización para levar a cabo unha intervención sobre os restos romanos da zona e que se atopan nas minas de ouro próximas á praia.

De feito, a propia Xunta xa recoñeceu a existencia de varias esplotacións auríferas na zona. Miranda, nunha rolda de prensa, mostrou unha serie de fotografías da Praia das Catedrais nas que se, segundo di, se aprecia unha canle picada na roca semellante ás empregadas polos romanos na condución de auga para as explotacións mineiras de ouro.

Forno de Esteiro, na praia das Catedrais, onde apareceron restos romanos / Mariña Patrimonio

Forno de Esteiro, na praia das Catedrais, onde apareceron restos romanos / Mariña Patrimonio

Outra pista pódese atopar dentro das covas. “Tendo en conta que preto da praia das Catedrais hai minas que conteñen vetas de cuarzo, e esas vetas de cuarzo teñen ouro, poderiamos concluír que as vetas de cuarzo na praia tamén poderían ter ouro”, dixo Miranda.

Un gran complexo mineiro

De confirmarse esta hipótese, esta mina de ouro desta praia sumaríase ás xa existentes na zona: a da praia de Esteiro e as de Foz, Barreiros, A Pontevona e Riotorto. “Esta hipótese non resulta sorprendente se pensamos que toda a zona oriental da Mariña é rica en ouro e abundan as explotacións auríferas da época romana”, indicou.

Restos de cerámica romana no Forno de Esteiro, na Praia das Catedrais / Mariña Patrimonio

Restos de cerámica romana no Forno de Esteiro, na Praia das Catedrais / Mariña Patrimonio

A orixe do areal das catedrais remóntase ata os 350 millóns de anos, cando os antigos continentes Laurussia e Gondwana chocaron e romperon unha cordilleira tan alta como o Himalaya. Crese que as rocas na praia de Catedrais veu desas montañas.

Perigos

Mentres tanto, a praia segue perdendo rastros da súa historia. Por iso, o interese de Mariña Patrimonio en que se investiguen canto antes. “Podería haber signos de intervención humana nunha mina de ouro na praia que desde entón foi erosionada polo vento e o mar”, sinalou Miranda. “É imposible atopar a evidencia porque gran parte dela foi destruída. Por tanto, é necesario buscar evidencia ao redor da praia, sobre o nivel do mar”, engadiu.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: