fbpx
Puñal atopado no xacemento da Lanzada que os expertos datan arredor do século IV a.C. / Deputación de Pontevedra

Que segredos oculta o puñal do século VI A.C atopado na Lanzada?

Tempo de lectura: < 1 min.

A escavación da Lanzada non para de dar sorpresas. Logo da aparición de numerosos obxectos de orixe castrexa e romana e de diversos esqueletos da época romana, un novo achado acaba de poñer no punto de mira esta intervención arqueolóxica.

E e que a aparición dun puñal do século VI A.C. nun contexto do século II A.C. puxo en alerta ao equipo arqueolóxico da Deputación de Pontevedra encargado da escavación. Os expertos consideran que a súa antigüidade pode oscilar entre a Idade de Ferro e a Idade de Bronce e non coincide cos restos atopados ao seu carón, moi posteriores.

Por iso, o persoal que traballa no depósito cre que o puñal, que apareceu xunto con artefactos do século II antes de Cristo “malia que é moi anterior” a esa etapa, é “unha especie de reliquia que quizais se situou nese espazo concreto por unha cuestión votiva“.

Orientación comercial

Neste depósito fóronse atopando numerosos vestixios, entre os que destacan 15 esqueletos, broches para suxeitar a roupa e gravados. Ante a “grande cantidade” de pezas atopadas, os arqueólogos cren que este asentamento tiña unha orientación comercial.

Debido aos materiais que están a aparecer “a diario” neste lugar, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, confirmou que os traballos no campo da Lanzada “continuarán ata o mes de xaneiro”.

Pode que che interese...