Restauración dun escudo por parte da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia / linkedin

Queres ver unha restauración en directo?

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, e con ocasión da Semana da Ciencia, que se celebra desde o 7 ao 11 de novembro, realizará diversas actividades. Entre elas, visitas guiadas ós seus talleres de restauración.

Será unha ocasión única para ver como se restaura o noso patrimonio en directo: pintura, escultura e material arqueolóxico. Estas visitas terán lugar ás 12.00 horas. O martes día 8, o restaurador e arqueólogo Fernando Carrera ofrecerá unha charla titulada “Ideas ¿novas? para a protección do Patrimonio Cultural”.

A partir do día 10 de novembro, inagurarase a Exposición “Pintvra: Materiais das delicias” que ilustra as técnicas pictóricas empregadas polos artistas ó longo da historia. Todas as tardes de 19 a 21 horas.

A asistencia é libre e gratuita. Pode reservar praza chamando ó 986 86 12 51 ou escribindo a [email protected]

Máis en https://www.facebook.com/crea.restauracion?fref=ts

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: