A cassa de Man, en Camelle, no 2005 / acostadamorteenpocaspalabras

Rehabilitan a memoria de Man, o artista que morreu de pena tras o Prestige

Tempo de lectura: 2 min.

Moitos anos leva esperando Camelle este proxecto. Hai 14 anos que quedamos sen imaxinación para recuperarmos o legado dun home infinito. Foron necesarias moitas denuncias sociais do seu abandono, para que as administracións e puxesen a traballar. na súa recuperación. Todo a pesar de que ano tras ano o número de visitantes, turistas chegados de todas partes do mundo, chegaban ata o peirao de Camelle para coñecer o que deixara ao mundo aquel artista anacoreta que vivía nun recuncho co finisterrae ibérico.

A Casa de Man, Manfred Gnädinger forma parte dun contexto que está no imaxinario colectivo de toda Europa. Foi esmorecendo dende aquel fatídico novembro de 2002, e pasaron anos sen reacción. En 2009, redactouse unha proposta para a declaración do museo como Ben de Interese Cultural. En 2012, o Museo de Man foi catalogado como un Ben Patrimonial polo concello de Camariñas. E non é ata xuño de 2015 cando se abre o Museo de Man, un verdadeiro empurrón na loita pola conservación gracias á colaboración do GAC.

Man diante da súa casa, en Camelle / caminodosfaros.com

Man diante da súa casa, en Camelle / caminodosfaros.com

Mentres, a súa caseta, a súa casa, unha obra de arte en si mesma, e todas as pezas que fixo coas pedras e co formigón do peirao, levan deteriorándose.

Pero, por fin, a Deputación vén de aprobar o proxecto de rehabilitación da Casa do Alemán presentado en xaneiro. “Moita emoción”, recoñece Juan Carlos Canosa, un dos que máis fixo porque isto saíse adiante dende que chegou ao grupo de goberno.

30.000 euros

Un proxecto de 30.000€ que financiarán Deputación (20.000€) xunto ao Concello (10.000€) que se intentou facer dende as contas municipais, pero que se ampliou o ano pasado da man de Juan Creus, que xunto Carmen e Víctor Hermo, Andrea Serorio, Anton Sobral, Fernado Patricio ou Nacho Porto, entre outros, sempre confiaron na necesidade de abordala restauración. Deste xeito, agardan que para Semana Santa de 2017 o proxecto de rehabilitación estea rematado.

Segundo explica a Deputación, a primeira das actuacións contempla a limpeza do interior da caseta, que nestes intres atópase recuberta de terra e material orgánico nas súas fendas. A obra consistirá na descuberta de todos aqueles ocos traballados, que serviron de apoio a outros materiais, principalmente madeiras, cos que se sustentaban o chan e o escaso mobiliario. Trátase de recuperar os soportes e bases que serviron de apoio ás pezas do imaxinario de Man, que conformaba a estancia.

As tarefas irán dende a limpeza do terreo e de fendas, así como o selado de gretas, ata a reparación do forxado da cuberta, pintado da superficie do teito,a composición de madeira apoiada nos muros de ladrillo e nos piares, a reparación de toda a estrutura de formigón e a reposición e reparación de vidros, entre outras actuacións.

Fonte:

Que Pasa na Costa

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: