Retablo do Santo Cristo de Fisterra / Concello de Fisterra

As restauracións pendentes da Igrexa de Fisterra

A Igrexa de Fisterra leva meses en medio da polémica, primeiro pola polémica restauración das súas arcadas, obra do arquitecto César Portela, e que non gustou a moitos veciños por ter utilizado un azul mariño. Logo pola aparición de novas humidades, a pesar de arranxos previos. E, agora, novamente porque hai quen pide que se restaure o retablo do Cristo –a imaxe icona da vila–.

A Asociación de Veciños de Fisterra denuncia que “a situación do retablo é lamentable” e é “urxente” a súa reforma. Por iso, teñen xa nas súas mans un proxecto de restauración desta obra de estilo barroco que ascende a 27.769,50€ que xa foi presentado ao correspondente departamento da Xunta de Galicia.

Estado no que se atopa a madeira do retablo do Santo Cristo de Fisterra / QPC

Estado no que se atopa a madeira do retablo do Santo Cristo de Fisterra / QPC

Para que esta restauración se leve a cabo é necesaria a petición da restauración a faga o propio Arcebispado como titular da igrexa e do retablo. Deste xeito, dende a asociación de veciños de Fisterra fan un chamamento aos membros da parroquia, á Xunta de Confrarías, a outras asociacións do municipio e ao goberno local para que se sumen á súa petición.

Os veciños argumentan que algunhas partes do retablo da igrexa Santa María da Areas de Fisterra están moi deterioradas. No proxecto de restauración indican que este retablo xa sufriu varias modificacións ao longo dos anos e que, xunto ao ataque das termitas e á auga que entra na capela, poñen en perigo a súa conservación.

Fonte: QPC

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: