fbpx
Igrexa de San Mariño de Lousada, en Samos / Concello de Samos

Unha xoia románica que cae a cachos en Samos

Tempo de lectura: < 1 min.

A igrexa románica de San Martiño de Lousada, en Samos, está en ruínas desde fai catro décadas. O templo ten a cuberta derrubada. No seu interior crece xa maleza e mesmo árbores.

Este edificio relixioso é igrexa parroquial pero atópase pechado ao culto. Ten planta rectangular con cuberta a dúas augas e de ábside mais baixo. No ábside destacan uns canciños historiados e fiestra de arco de medio punto. As imaxes representadas son as de San Román, San Xoán e as Virxe.

Esta igrexa é unha das primeiras manifestacións do románico da provincia, segundo o historiador e Fillo Predilecto de Sarria Francisco Vázquez Saco. Actualmente, o seu estado é ruínoso. Ten a cuberta da nave lateral e o presbiterio e a sancristía derrubada. Segundo un lector que se puxo en contacto con Historia de Galicia algúns dos seus muros e campanario corren risco de de caer.

Curiosamente, esta igrexa está catalogada polo propio Concello e figura como un atractivo cultural na súa páxina web. Tamén Turismo de Galicia a ten rexistrada para ser visitada a pesar do seu estado ruinoso.

Pode que che interese...