Destrucción dos parapetos do Castro da Croa, en Ponteareas / http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es

A destrución do patrimonio arqueolóxico de Galicia chega á Comisión Europea

Representantes de Mariña Patrimonio e da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), entre outros, denunciaron en Bruxelas a situación de abandono e destrucción na que se atopan algúns bens arqueolóxicos galegos.

Estas entidades participaron nas “Xornadas de debate e reivindicación” que tiveron lugar no Parlamento Europeo, en Bruxelas, os días 7 e 8 de decembro, promovidas pola eurodeputada Lidia Senra, de AGE Europa. “Unha iniciativa que, sen dúbida, permitiu visibilizar a precaria situación pola que atravesa a totalidade da cultura galega, propiciada polo desleixo e os ataques das institucións”, apunta MariñaPatrimonio.

Nestas xornadas sobre a situación da cultura galega, Mariña Patrimonio abordou o tema da destrución masiva do patrimonio arqueolóxico a mans da industria do eucalipto, mentres que a SAGA abordou tamén a situación de abandono e desleixo na que se atopan moitas das estacións de petróglifos de Galicia e da iniciativa posta en marcha por algúns destacados defensores do patrimonio galego para que sexan declarados patrimonio da humanidade.

No transcurso destas xornadas, os integrantes da comisión galega entrevistáronse cos representantes da comisión europea con competencias en cultura, Macies Hoffman e Nicola Robinson.

“Mariña Patrimonio agradece as mostras de apoio das distintas delegacións; un apoio que nos anima a continuar co noso labor en defensa de patrimonio. Asímesmo, aproveitaremos as novas ideas xurdidas no transcurso destas xornadas e exploraremos novas vías para forzar á Xunta de Galicia a que cumpra coa súas obrigas na defensa e protección do patrimonio, que é de todo”, indica MariñaPatrimonio nun comunicado.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: