As illas Estelas desde Monteferro, en Nigrán / wikipedia

As Estelas, as illas descoñecidas de Galicia

Tempo de lectura: 1 min.

As Cíes, as Ons ou Sálvora son as grandes illas galegas, con permiso da Illa da Arousa, conectada ao continente cunha ponte. Pero hai outras, moito máis pequenas, e tamén fermosas no litoral galego. Son pequenas bágoas do territorio nun mar inmenso que tamén as aloumiña e protexe. Ese é o caso das Estelas, un grupo de dúas illas e illotes que se atopan fronte á península de Monteferro, na parroquia de Panxón (Nigrán).

As Estelas son as irmáns pequeniñas das Cíes e, por iso, nunca se fala delas. Ata agora. Precisamente, esta fin de semana terán lugar unhas xornadas que pretenden descubrir os encantos destas perolas que están na baía de Baiona. Haberá varias proxeccións, conferencias sobre patrimonio e natuerza e ata unha andaina interpretativa polo espazo Estelas-Monteferro. Os interesados poden escribir a [email protected] ou chamar ao teléfono 677164635.

E, como son as Estelas?. Pois esa a Estela de Dentro, de 29 metros de altitude e 9,6 hectáreas, e Estela de Fóra con 20 metros de altitude e 7 hectáreas, e un grupo de illotes chamados As Serralleiras, ademais doutros illotes menores e varias penedos. En total o arquipélago suma 19 hectáreas de superficie. As dúas illas maiores son de aparencia amesetadas, rodeadas de arrecife e cubertas de vexetación arbórea e arbustiva. Non teñen ningún tipo de construcións e constitúen un importante banco marisqueiro.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: