fbpx
Destrozo da Fonte de San Vicente, na Praza do Campo de Lugo / Youtube

Indignación e mobilización pola destrución dunha fonte barroca no centro de Lugo

Tempo de lectura: < 1 min.

Unhas das fontes máis emblemáticas de Lugo, da da Praza do Campo, apareceu este sábado con graves danos. Un acto vandálico que tivo lugar durante a madrugada acabou coa figura que preside a fonte rota en anacos.

Concentración na Praza do Campo de Lugo, diante da fonte barroca que foi destrozada nun acto vandálico

A fonte da Praza do Campo é de estilo barroco e ten unha figura de San Vicente Ferrer en actitude predicadora na súa cima. A súa autoría se lle atribuje a Frei Manuel dos Mártires e mandouna construír o Bispo Izquierdo en 1754.

As redes sociais ferveron ao longo desta fin de semana. Un grupo de veciños propuxo realizar unha concentración diante do monumento para expresar o seu “rexeitamento ao vandalismo contra o patrimonio da cidade”. Esa concentración xuntou a preto de 30 persoas diante da fonte este domingo á noite que protestaron contra o maltrato ao patrimonio.

 

Pode que che interese...