fbpx
Excavacións na Lanzada / Youtube- Os restos do Pasado

A Lanzada, porto de almas para as illas Ons

Tempo de lectura: < 1 min.

A Lanzada volve estar de actualidade. E desta volta non é por ningún achado descuverto nas súas excavacións, senón porque un documental que recolle a historia deste ben arqueolóxico acaba de gañar o primeiro premio do certame Telearqueoloxía, que, por primeira vez, organizou a Deputación de Pontevedra.

Así, na categoría Bifaces, destinada a maiores de 18 maiores e con curtametraxes dun máximo de duración de 15 minutos, o gañador foi o pontevedrés José David Gamallo Mouteira, dedicado profesionalmente ao audiovisual. Gamallo presentou a obra “Os restos do pasado: unha viaxe pola Lanzada“, coa que gañou un premio de 3.000 euros.

Nesta viaxe, destácase a importancia de A Lanzada como emporio comercial durante a época romana, a posibilidade de que sexa un dos primeiros centros cristiáns de Hispania ou as lendas que rodean este sitio arqueolóxico, como porto de almas para as illas Ons.

 

Por detrás del quedaron o escritor Xosé Lois Vilar Pedreira e o profesor Xilberte Manso da Torre grazas á súa obra “EQUUS: Ferrus Atlanticus“, que conseguiu un premio de 2.000 euros.

Pola súa banda, “ Castrolandín”, realizada polos alumnos de 1º da ESO do Colexio Público Integrado Aurelio Marcelino Rei García conseguiu o primeiro premio na categoría Lascas e obterá un galardón de 1.500 euros. O segundo premio recaeu no IES Álvaro Cunqueiro, de Cotobade. A peza audiovisual titulada “A pedra das ferraduras”, de Iria García Porto, Johanna Pena Martínez e Óscar Martínez Solla, logrou unha dotación de 1.250 euros.

 

Todas as curtametraxes presentadas ao festival versaban sobre o patrimonio arqueolóxico, con temáticas variadas como os cabalos primitivos, os dólmenes, as torres de defensa ou os castros e petróglifos.

Pode que che interese...