Un fresco dunha escritora romana nunha parede de Pompeia

As mulleres que fixeron a historia de Galicia

As mulleres foron e son o grande soporte da sociedade galega, pero tamén son as grandes esquecidas. Por iso, e para evitar que continúe esa negra sombra sobre elas, a escritora e profesora Aurora Marco realizou unha compilación de biografías de mulleres galegas de distinta condición social ao longo da historia. O seu obxectivo é transmitir unha visión do papel determinante que as mulleres de Galicia tiveron en cada tempo.

O seu percorrido histórico comeza con Exeria, viaxeira e escritora no século IV e que algúns autores din que foi parella de Prisciliano, e remata con Lola de Penelas, unha oleira de Gundivós, do termo municipal de Sober, que morreu no 1968.

O libro, editado por Xanela Editorial, é froito dun labor de investigación iniciado na década de 1980 e recolle unha recompilación de biografías que permiten lograr unha visión do papel da muller galega en distintas etapas históricas. A edición, de luxo, atópase limitada a 155 exemplares de tirada mundial. Cada exemplar acompáñase dunha acta notarial.

Tamén se entregan co libro 16 serigrafías realizadas por oito mulleres galegas e artistas como Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Díaz, Nováis, Sabela Arias Castro e Vanesa Lodeiro.

Precisamente, o libro foi presentado esta semana en Lugo e a realidade visual destas historias poderá gozarse no MIHL desta cidade, grazas a unha exposición das pinturas realizadas polas ilustradoras deste libro.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: