Igrexa románica de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Ourense / Fundación Santa María a Real do Patrimonio Histórico

O románico de Ourense xa ten a súa gran enciclopedia

Un total de 180 vestixios documentados en Ourense. Son os monumentos que ocupan os dous tomos correspondentes a esta provincia e que foron incorporados xa á Enciclopedia do Románico na Península Ibérica. Uns volumes que contan con máis de 1.500 fotografías e planos.

A publicación forma parte dun proxecto moito máis amplo, a Enciclopedia do Románico na Península Ibérica, no que a Fundación Santa María a Real do Patrimonio Histórico leva traballando máis de dúas décadas e no que participaron máis dun milleiro de investigadores.

Detalle románico da fachada da catedral de Ourense / Fundación Santa María a Real do Patrimonio Histórico

Detalle románico da fachada da catedral de Ourense / Fundación Santa María a Real do Patrimonio Histórico

Os dous tomos do románico en Ourense actualizan os estudos realizados até o momento e súmanse a unha colección moito máis ampla a Enciclopedia do Románico na Península Ibérica, na que a Fundación leva traballando máis de dúas décadas e que con esta publicación alcanza os 48 tomos; un proxecto que, unido ao portal Románico Dixital, está a servir para contribuír á difusión internacional do románico da Península Ibérica.

No acto de presentación estivo o presidente da Fundación Santa María a Real do Patrimonio Histórico, José María Pérez ‘Peridis’; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, Román Rodríguez González; o director de Área de Negocio de Caixa Bank en Ourense, Fernando Garza e de Carlos González, delegado en Galicia de Rede Eléctrica de España.

Na súa intervención, o conselleiro de Cultura resaltou a magnitude da obra que permite achegarlle ao gran pública a arte románico que se estende por toda Galicia, e define e caracteriza a esta comunidade. Ademais, valorou a capacidade deste tipo de traballos de investigación para “crear conciencia, aumentando o orgullo e recoñecemento sobre o gran valor colectivo do noso patrimonio”.

Os volumes de Ourense súmanse aos xa publicados con anterioridade da Coruña (2) e Potevedra (2). Espérase poder completar o estudo do románico galego en 2017 coa publicación dos volumes correspondentes a Lugo.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: