Imaxe aérea do Castro de Montealegre, que se verá, novamente, seriamente afectado polo desdobramento do Corredor do Morrazo

O túnel que pode salvar un castro

Ampliar un túnel para salvar o castro de Montealegre, pero non facelo de calquera maneira. Esa é unha das propostas que baralla a Plataforma Salvar o Castro de Montealagre que leva semanas mobilizándose para evitar parte da destrución dun dos castros máis importantes de Galicia, tanto en extensión, coma en pezas atopadas.

Esta plataforma leva semanas informando a veciños e administracións que hai outras posibilidades para manter este ben, que consideran xa, un elemento único e distintivo do Concello de Moaña. Tanto que di que é o “bastión a reconquistar, a peza crave a partir da cal se reestruturará unha rede patrimonial xa existente na península do Morrazo desde tempos ancestrais”.

Por iso, suliña que a mellor solución para manter o castro é que a ampliación do corredor se realice a partir do túnel xa existente que se fixo en 2005, precisamente, para salvar este castro, que quedou por encima da infraestrutura viaria. Pero, ese túnel tense que facer no mesmo nivel que o actual, e non nun máis inferior polo sur, pola zona do mar, como está previsto, xa que que implica a desaparición desta parte do castro.

Tamén o xornalista Diego Fonseca, de El País, fíxose eco da actual situación do castro de Montealegre e destacou o papel que esta web, Historia de Galicia, tivo na denuncia da súa situación. Fonseca destaca a mobilización veciñal e a intención da Xunta de manter un trazado que pode supoñer a perda dunha parte importante deste castro que é o terceiro máis grande de Galicia, detrás do do Tegra e San Cibrao de Lás e no que, ata o momento, se atoparon 20.000 pezas.

Fonte: Faro de Vigo, El Pais

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: