fbpx
Imaxes relixiosas recuperadas pola Policía e roubadas no cemiteiro de Olveira, en Ribeira / Policía

Os ladróns tamén rouban imaxes relixosas dun cemiteiro de Ribeira

Tempo de lectura: < 1 min.

 

Axentes do Corpo da Policía Nacional da Comisaría de Ribeira (A Coruña) recuperaron varias figuras de temática relixiosa de procedencia descoñecida, que foran roubadas do cemiterio de Olveira.

Segundo informou a Policía Nacional, tras xestións realizadas confirmouse que dúas destas figuras recuperadas foran subtraídas no cemiterio de Olveira. Os axentes proseguen coas indagacións para descubrir a procedencia do resto de figuras e reintegrárllelas aos seus lexítimos propietarios. As mesmas fontes cren que puideron ser subtraídas nos distintos cemiterios do municipio.

Ao non existir denuncia dos feitos, a Policía solicita a colaboración cidadá para esclarecer a súa orixe. As figuras atópanse depositadas na Comisaría de Ribeira, onde poden ser recoñecidas por interesados.

Ademais, a Policía Nacional de Ribeira explicou que obran en poder da súa comisaría outras figuras de temática relixiosa, pois os axentes seguen, a día de hoxe, recuperando figuras.

Pode que che interese...