Actividades na rede museística provincial da Deputación de Lugo

Os museos de Lugo cheos de actividades durante o Nadal

Tempo de lectura: 2 min.

A rede Museística da Deputación de Lugo ofrece para estas datas 19 obradoiros totalmente gratuítos para persoas de todas as idades nos 4 museos da Rede Museística Provincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar, Museo Fortaleza de San Paio de Narla e Museo Pazo de Tor.

Dentro da programación de actividades hai obradoiros de panxoliñas, teatro, decoración ou alimentación, entre outros. Estes obradoiros complementan a programación de actividades que ofrece a Deputación co Merca en Lugo polo Nadal no centro da cidade.

Estas son as actividades:

Museo Fortaleza San Paio de Narla

– O 20 de decembro ás 11:00 horas.- Obradoiro: San Paio de Narla volve ao pasado para 60 alumnos da ESO do Colexio Mª Auxiliadora de Lugo.

– O 27 de decembro de 16:00 a 18:00 horas .- Obradoiro: Teatralizar, expresármonos para o club [email protected] da Rede Museística Provincial de Lugo.

– O 28 de decembro e o 4 de xaneiro de 16:00 a 18:00.- Obradoiro: Friol recupera o Cantar dos Reis co Club [email protected] da Rede Museística Provincial de Lugo.

Museo Provincial de Lugo

– O 17 de decembro de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.- Obradoiro-Charla: A cosmética e a farmacia do mundo romano.

– O 26 de decembro de 11:30 a 13:30 horas.- Obradoiro: Mosaicos. Número de prazas: 15. Idades: de 12 a 16 anos.

– O 26 de decembro de 17:00 a 19:00 horas.- Obradoiro: Lámpadas. Número de prazas: 15. Idades de 12 a 16 anos.

– O 27 de decembro de 11:00 a 13:00 horas.- Obradoiro: A saúde desde a alimentación para o Club [email protected] da Rede Museística Provincial de Lugo (12 prazas).

– O 27 de decembro de 11:30 a 13:30 horas.- Obradoiro: Vidreiras para idades de 12 a 16 anos. Número de prazas: 15

– O 27 de decembro de 17:00 a 19:00 horas.- Obradoiro: Origami para nenos entre 12 e 16 anos. Número de prazas: 15

– O 29 de decembro de 11:30 a 13:00 horas.- Obradoiro: Xogo de personaxes para nenos de 8 a 11 anos. Número de prazas: 12

Museo Provincial do Mar

– O 16 de decembro de 16:00 a 18:00 horas.- Obradoiro: A mesa do Nadal dirixido aos integrantes do Club Sénior da Rede Museística Provincial de Lugo. Sen límite de prazas.

– O 17 de decembro de 11:30 a 13:00 horas.- Obradoiro: Sociedades plurais e diversas dirixido ao Club [email protected] da Rede Museística Provincial de Lugo. Número de prazas: 15.

– O 28 de decembro de 11:30 a 13:00 horas.- Obradoiro: O tizón de Nadal dirixido ao Club [email protected] da Rede Museística Provincial de Lugo. Número de prazas: 15.

– O 29 de decembro de 11:30 a 13:00 horas.- Obradoiro: O ceo de Nadal dirixido ao Club [email protected] da Rede Museística Provincial de Lugo. Número de prazas: 15.

– O 4 de xaneiro de 11:30 a 13:00 horas.- Obradoiro: Villancicos e panxoliñas dirixido ao Club [email protected] da Rede Museística Provincial de Lugo. Número de prazas: 15.

– O 5 de xaneiro de 11:30 a 13:00 horas.- Obradoiro: Almanaque mariñeiro dirixido ao Club [email protected] da Rede Museística Provincial de Lugo. Número de prazas: 15

Museo Pazo de Tor

– O 22 de decembro de 17:00 a 19:00 horas.- Obradoiro: Nadal artístico dirixido a o Club Sénior da Rede.

– O 27 de decembro de 11:00 a 13:30 horas.- Obradoiro: Nadal artístico dirixido a o Club [email protected] da Rede.

– O 28 de decembro de 11:30 a 13:30 horas.- Obradoiro: Luz e Arte (Lámpadas) dirixido a persoas de todas as idades, sen límite de prazas.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: