fbpx
Representación de ‘Brundibár’ , polos nenos cantores do guetto de Terezín

Os nenos cantores que os nazis usaron para ocultar o holocausto

Tempo de lectura: 2 min.

Dagmar Lieblová e unha das supervivintes do campo de concentración de Terezín, na República Checa. No seu guetto foron confinados 150 000 xudeus, dos que morreron aproximadamente 33.000 en Terezín e outros 88 000 foron deportados a campos de exterminio. Ao final da guerra só houbo 17.247 sobreviventes.

Lieblová estivo este venres na USC para narrar o seu testemuño como supervivente de varios campos de concentración nazi, entre eles, o de Terezin. Alí formou parte do coro de nenos xudeus checos que interpretaron a ópera ‘Brundibár’ e que este sábado estreou en Santiago a súa produción en galego.

 

Brundibár’ foi representada máis de 50 veces por un coro de nenos xudeus checos, entre os que estaba a propia Lieblová e onde tamén se atopaba Hans Krása. No gueto de Terezín desenvolvíase de forma espontánea unha certa vida cultural, debido en parte a que nese campo se atopaban como reclusos numerosos músicos, pintores e actores. E se ben as primeiras actividades culturais celebrábanse clandestinamente, logo os nazis permitiron os eventos, que utilizaron propagandisticamente para ocultar o holocausto.

Dagma Lieblova, unha das nenas cantoras de Terezín que sobreviviu aos campos de concentración nazis / enlacejudio.com

A nena que pasou por varios campos

Dagmar Lieblová naceu en Kutná Hora en 1929 na familia dun médico xudeu. En xuño de 1942 foron trasladados ao campo de Terezín e en decembro de 1943 deportáronos a Auschwitz-Birkenau, onde morreron seu pai, súa nai e súa irmá. Dagmar, a quen un erro administrativo fixo 4 anos maior, abandonou Auschwitz no verán de 1944. Logo de pasar por Hamburgo e finalmente por Bergen-Belsen, ese campo foi liberado en abril de 1945 polas tropas británicas. Dagmar Lieblová volveu a Checoslovaquia en xullo dese ano e alí estudou na Facultade de Filosofía da Universidade Carolina de Praga.

A ópera –hoxe símbolo de dignidade e resistencia fronte ao odio e os abusos– soou así por primeira vez en galego este sábado, interpretada pola Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela e a Orquestra Praeludium. A Galicia chega grazas á organización dos Amigos da Ópera de Santiago. Cunha montaxe de máis de 60 músicos sobre o escenario, a dirección de escena deste novo ‘Brundibár’ correspóndelle a Cándido Pazó, que xunto a Fernando Reyes adaptou tamén o texto. A directora do Centro de Linguas Modernas, Kateřina Vlasáková, e o Servizo de Normalización Lingüística da USC encargáronse da tradución ao galego.

Ata o compositor Silvio Rodríguez adicoulle unha canción aos nenos da Ópera de Terezín:

 

Pode que che interese...