fbpx
Estado no que quedou a pasarela escañada nos petróglifos da Poza Lagoa e Chan da Cruz, no Monte Penide / A citanía, arqueoloxía e xestión do Patrimonio

Outro atentado patrimonial: Esnaquizan unha pasarela antes de inaugurala

Tempo de lectura: 2 min.

A pasarela instalada recentemente na zona dos petróglifos de Poza Lagoa e Chan da Cruz no Monte Penide apareceu rachada completamente en varios puntos. Tras unha investigación, o autor dos feitos foi identificado cando foi capturado “in fraganti” destrozando novos tramos da pasarela. Trátase dun veciño da zona que ten a súas facultades mentais perturbadas.

Estado orixinal da pasarela dos petróglifos da Poza Lagoa e Chan da Cruz, no Monte Penide / A citanía, arqueoloxía e xestión do Patrimonio

Estado orixinal da pasarela dos petróglifos da Poza Lagoa e Chan da Cruz, no Monte Penide / A citanía, arqueoloxía e xestión do Patrimonio

Esta pasarela foi rematada hai moi poucos días e, nin tan sequera, fora inaugurada. De feito, a inaguración estaba prevista para este venres, 9 de decembro. Foi Xurxo Constela, o responsable arqueolóxico, o que se deu de conta da desfeita durante unha visita ao complexo arqueolóxico de Monte Penide.

As sendas foran construídas polo Concello de Redondela co obxectivo de valorizar este xacemento, facilitar a súa visita e protexer os petróglifos dos posibles danos que lle puidesen ocasionar o paso de bicicletas e motos, xa que nesta zona adoitan pasar numerosos grupos de afeccionados desta disciplina.

A instalación das pasarelas, unha na parte superior do xacemento e outra na inferior, supuxo un investimento dun trinta mil euros e contou cunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia, que achegou o 75% do custo total da intervención. O proxecto foi supervisado e autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. Este xacemento é unha das maiores concentracións de enterramentos tumulares do noroeste peninsular.

Estado no que quedou a pasarela escachada nos petróglifos da Poza Lagoa e Chan da Cruz, no Monte Penide / A citanía, arqueoloxía e xestión do Patrimonio

Estado no que quedou a pasarela escachada nos petróglifos da Poza Lagoa e Chan da Cruz, no Monte Penide / A citanía, arqueoloxía e xestión do Patrimonio

Fonte:

A Citania, Arqueoloxía e Xestión do Patrimonio

Atlantico Diario

Pode que che interese...