fbpx
Interior dunha das plantas de conservas de peixe que os cataláns abriron en Cangas / vigoe

A pegada dos emprendedores cataláns do XIX nas vilas mariñeiras galegas

Tempo de lectura: < 1 min.

A comezos do XIX establécese en Esteiro a colonia catalá máis grande de Galicia. Un feito que converte a esta parroquia de Muros nunha referencia para a industria da salgadura e a cabotaxe. Con todo, esta influencia non quedou recluída entre os muros da vila: esténdese, a través dos almacéns cataláns distribuídos por toda a ría, até Sada; pasando por Portosín, Louro, Porto do Son, Ancoradoiro, Lira ou Caldebarcos.

De todo isto fálase en ‘Memoria salgada dun pobo’ (Meubook, 2016), a terceira obra no haber do autor compostelán Santiago Llovo, que recolle a historia da parroquia de Esteiro (Muros); como a paradigma de todas esas vilas costeiras galegas que se dinamizaron tras a chegada dos fomentadores cataláns a principios do século XIX.

Esta obra de investigación está baseada na memoria colectiva da vila de Esteiro, que facilitou ao autor os seus recordos e documentos para cimentar a narración que este libro transmite, usando como fío condutor a historia de dúas das familias catalás asentadas na vila no s. XIX: os Portals e os Romaní.

Desta maneira, ‘Memoria salgada dun pobo’ introduce ao lector na parte máis descoñecida da historia de Esteiro, exemplo representativo as vilas costeiras que poboan o litoral de Galicia na que a industria catalán converteuse no principal motor económico do pobo.

Pode que che interese...