Fernando Suárez Bilbao, reitor da Universidade Rey Juan Carlos / La Sexta

Polémica na universidade galega polo caso do plaxio do reitor da Universidade Rey Juan Carlos

Tempo de lectura: 2 min.

A polémica polo suposto plaxio do reitor da Universidad Rey Juan Carlos,  Fernando Suárez Bilbao, tamén chegou a Galicia. O Departamento de Historia da USC pediu a súa dimisión por ter plaxiado, tamén, ao profesor xa xubilado Carlos Barros, e pediulle ao decanato da facultade que tamén se pronuncie ao respecto.

O departamento emitiu un comunicado tras a súa sesión do 21 de decembro na que “reproba  a persistente e tramposa práctica” de Fernando Suárez, que, di, “atenta contra a ética académica e cuestiona os mecanismos de control e avaliación da actividade investigadora, prexudicando a toda a comunidade universitaria e danando a súa credibilidade”.

Ademais, “deplora” as actitudes e manifestacións que dende diversas instancias mediáticas, académicas e políticas amparan ou minimizan os feitos denunciados, “en inadmisible exercicio de ignorancia e condescendencia”. Por iso,  reclama o pronunciamento “claro e rotundo” a este respecto da Facultade de Xeografía e Historia e da Universidade de Santiago de Compostela.

Finalmente manifesta o seu “apoio e solidariedade” cos profesores afectados e, particularmente, con Carlos Barros Guimeráns, que o foi membro dese Departamento ata a súa recente xubilación.

Carlos Barros, medievalista e profesor da USC retirado / youtube

Plaxio dun artigo sobre as peregrinacións a Santiago

Precisamente, este medievalista tamén sufríu o plaxio de Suárez Bilbao, concretamente, do artigo ‘A peregrinación a Santiago. Aproximación global’, publicado en 2003, orixinalmente en italiano no libro de homenaxe ao historiador galo Jacques Lle Goff, Il medioevo, (Silvana editoriale).

O reitor da URJC escribiu outro no libro La Historia de la Iglesia en España(Fundación Rafael do Piñeiro, 2014) , coordinado por José Antonio Escudero, baixo o título ‘España y Europa. Las peregrinaciones s a Santiago’ no que hai “claras similitudes” nos apartados “Roma, Xerusalén, Compostela; Camiño peregrino, Camiño de Europa; Ser peregrino; O estatuto xurídico do peregrino; A pena do peregrino; e Un camiño de esperanza”.

De feito, o propio Barro declarou en El Correo Gallego que  ese artigo de Suárez Bilbao é “un copia pega” do seu traballo, enormemente difundido, moi coñecido no ámbito da Historia e traducido a varios idiomas.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: