fbpx
Obxectos nunha feira de antigüidades de Lisboa / angiguedadesonline

A Pontenova, capital dos anticuarios durante catro días

Tempo de lectura: 2 min.

A décima edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova arranca este xoves nun evento que reunirá a máis de 60 artesáns e anticuarios. Esta feira, que ten grande repercusión internacional, rematará o vindeiro domingo.

Terán lugar demostracións de oficios tradicionais en vivo. O municipio pontenovés garda unha fonda tradición de anticuarios, pois a esta vila acudían anticuarios de toda Europa na procura de pezas rústicas e tradicionais.

A entrada a X Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova é gratuíta. A apertura será na Praza dos Fornos este xoves ás 16:00 horas. O venres, sábado e o domingo, o horario será de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 21:00 horas, agás o domingo que o peche do evento será ás 20:00 horas.

Na praza dos Fornos situarase unha carpa, que prestou o Concello de Pol, na que se ubicarán todos os profesionais participantes. Son 30 artesáns e 30 anticuarios, chegados de toda a xeografía nacional e internacional como, por exemplo, Francia, Portugal, así como de moitos puntos de España como Huesca, Lérida ou Madrid. Tamén se contará dun bo número de representantes da zona norte da provincia.

Actividades e rutas

Na Casa da Cultura haberá demostracións de oficios tradicionais en vivo en quenda de mañá e de tarde. Para elo, está confirmada a participación de 6 artesáns: Cecilia Carballo Castrillón, tear; José Mª Rodil Arruñada, madeira e forxa, Aurora Rodil, encaixe de bolillos; Michelle Pío Dasilva, tea e ganchillo, Jesús Iglesias, torno e Luisa Martínez Vázquez, de cestería en mimbre.

Restaurantes da vila súmanse a esta iniciativa, ofrecendo menús especiais a 15 euros. Trátanse dos establecementos San Briz, O Lar de Balbina, A Mina e a Pulpería Esther de Monterroso.

Outras das novidades é a celebración da primeira ruta en moto antiga pola vila, que terá lugar o sábado 10 de decembro. Participarán uns 10 pilotos, que manterán expostas as súas motos na praza da vila.

Pode que che interese...