fbpx
Edificio do Arsenal de Ferrol / Guías Viajar

Técnicos e arquitectos analizan 3.800 edificacións galegas para a ‘Guía da Cor e Materiais’

Tempo de lectura: < 1 min.

Un total de seis equipos formados por uns 40 técnicos e arquitectos recompilaron datos sobre unhas 3.800 edificacións de toda a xeografía galega para a redacción da ‘Guía de Cor e Materiais de Galicia‘, que plasmará unha serie de recomendacións e propostas prácticas que terán un “carácter orientativo”.

Segundo destacou a directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, no Parlamento galego, este documento poderá servir de fundamento e axuda para os “plans urbanísticos e instrumentos de ordenación do territorio”.

Precisamente, segundo indicou, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio recibiu este mesmo xoves o traballo elaborado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para a redacción deste texto. Os datos solicitados serán agora analizados pola Xunta para integralos neste proxecto de protección da paisaxe.

Así, a Xunta recordou que esta Guía é un traballo que se leva a cabo en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos, á que se destinou un orzamento de 163.000 euros, e que pretender dotar a Comunidade galega dunhas “directrices técnicas, científicas e obxectivas para regular o emprego da cor e os materiais de revestimentos arquitectónicos nas paisaxes galegas”.

Para iso, Inés Santé precisou que os equipos de traballo se basearon nas “12 grandes áreas paisaxísticas” que identifica o Catálogo de Paisaxes de Galicia, polo que se tratará de conseguir “analoxías coa arquitectura popular destas áreas”.

Pode que che interese...