fbpx
Integrantes do colectivo Capitán Gosende, diante do primeiro monolito do Campo de Laudas de Cerdedo para lembrar aos republicanos esquencidos / FB Calros Solla

Un campo de laudas lembrará aos republicanos esquencidos de Cerdedo

Tempo de lectura: < 1 min.

Cerdedo xa ten o seu paseo ilustre particular. Un espazo para lembrar a aqueles mortos ilustres do concello e que estiveron esquencidos durante anos.

É o Campo de Laudas de Cerdedo, un proxecto impulsado polo Colectivo Capitán Gosende para lembrar aos cerdedenses significados polo seu defensa da cultura ou a legalidade republicana.

Este sábado ten lugar o acto inaugural, con descubrimento da placa dedicada ao escritor e intelectual republicano Otero Espasandín, lecturas sobre a súa vida e obra e recitado de poemas. Pouco despois, ás 20.00 horas, a sala de exposicións de Abanca na Estrada acollerá a presentación do libro de Calros Solla ‘Así aprenderán a non ter ideas’. Precisamente, as vendas desta obra destinaranse ao financiamento do proxecto Campo de Laudas.

Con este xesto, o colectivo pretende iluminar unha época escura de Cerdedo que, ata o de agora, o concello négabase a facer. Os esquecidos ilustres de Cerdedo terán a súa particular lauda nunha leira denominada Fontedorraca, no lugar das Raposeiras (Meilide). Alí colocouse xa a primeira escultura, dedicada a Xosé Otero Espasandín.

Ao nome de Espasandín engaderase, en breve, o de Antonio Sueiro Cadavide, alcalde republicano de Cerdedo. Haberá laudas tamén para Francisco Varela Garrido e Xosé Torres Paz, dous mártires da República fusilados no 37 e o 36.

Pode que che interese...