A historiadora Tamara González López

Un traballo sobre o apadriñamento e bautismo no suroeste de Lugo gaña o Premio Condado de Pallares

A historiadora Tamara González López foi a gañadora da décima edición do Certame de Investigación Condado de Pallares que organiza a Asociación de amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares polo seu traballo Apadriñamento e bautismo no suroeste de Lugo: Carballedo e Chantada (S. XVI a XIX).

A investigadora recibiu un obsequio por parte do Concello de Taboada, un diploma e un cheque de 3.000 euros. Ademais, verá publicado o seu traballo. O xurado valorou a calidade da investigación sobre unha temática e unha época aínda non ben desenvolvidas no ámbito do Condado de Pallares. É un traballo que a partir dos libros de bautismo da época moderna de sete parroquias desenvolve unha brillante análise da vida familiar e social galega da época, tomando como fío condutor a institución do apadriñamento nesta zona.

O xurado estivo composto por 3 profesionais do sector cunha ampla traxectoria recoñecida no ámbito dos estudos histórico e da Universidade. Estes foron Carlos Baliñas Pérez, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, e Fernando Arribas Arias.

Nesta edición foron 4 os participantes que presentaron escritos orixinais e inéditos en lingua galega, axustados á normativa do 2003, sobre temas lingüísticos, históricos, artísticos, arqueolóxicos, antropolóxicos, etnográficos e folclóricos, cinguidos ao ámbito territorial dos concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo, as cinco localidades que no medievo integraban o Condado de Pallares.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: