fbpx
Xardín, obrada exposición Micro Mundos 1:20, o Museo dentro do Museo

Cal é o papel dos museos na sociedade contemporánea?

Tempo de lectura: < 1 min.

Esa é a pregunta que tenta responder a exposición Micro Mundos 1:20, o Museo dentro do Museo, unha mostra itinerante da artista Isabel Alonso que se inaugura o vindeiro xoves 26 de xaneiro no lucernario da Fundación Eugenio Granell.
Este novo proxecto de Isabel Alonso quere motivar á reflexión sobre o papel do museo na sociedade contemporánea. “Inmersos estes últimos anos en novas demandas sociais, debido ás numerosas canles de información que as novas tecnoloxías nos propician, os Museos, Galerías ou Espazos Culturais, seguen sendo ese espazo no que o pasado e a actualidade cultural están presentes e dispostos para presentar ao espectador, como elemento primordial do sistema da arte, novas experiencias”, apunta a impulsora da mostra.

Micro Museos exponse por primeira vez en Santiago de Compostela, despois da súa presentación e exposición en Vigo. Nesta exposición itinerante expoñen nesta ocasión, con obras de non máis de 10 cm, os artistas profesionais Antón Sobral, Alvaro de la Vega, Baldo Ramos, Fernando Barreira, Carmen LLonin, Caxigueiro, Guillermo Pedrosa, Isabel Alonso, Isabel Pintado, Ivan Prieto, Lomarti, Tino Canicoba, Nicolas Gonzalez Aller, Ramón Conde, Seara, Juaquin Chaves, Francisco Pazos, Óscar Aldonza, Julio Sanjurjo,Alberto Guliás, Sebas Ángel, Fernando Yañez, Noa Persán, Mila Vázquez, Victor Lopez Rúa. Poemas de Xesús Franco e Isabel Branco Rivas Murais de ASH Santos e Perrucas.

Son 30 artistas os que participan nesta exposición na que se pon de manifesto que a arte, a linguaxe da arte, é quizais una das formas máis excelentes de expresar emocións, sentimentos, ideas. Unha Arte que o artista materializa a través de distintos xéneros, disciplinas, estilos e materiais, os cales trasladados á escala, 1:20, adquiren unha especial beleza.

Pode que che interese...