fbpx
Un grupo de xente visita as escavacións do castro da Cabeciña, en Oia

Galicia, centro do patrimonio cultural e arqueolóxico esta semana

Tempo de lectura: < 1 min.

Máis dun cento de investigadores, técnicos, empresarios e axentes políticos e sociais vinculados co patrimonio cultural de 17 nacionalidades diferentes reúnense desde este luns en Santiago para celebrar o ‘NEARCHing Factory. Creating new scenarios for archaeology‘, un evento impulsado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio.

O obxectivo é constituír un “punto de encontro” e un “espazo de traballo e reflexión” sobre a situación actual e as perspectivas futuras para esta disciplina e, en concreto, para a arqueoloxía.

O evento enmárcase no proxecto europeo NEARCH, financiado polo programa Culture da Unión Europea, que comezou en 2013 e concluirá en 2018. O seu obxectivo é fortalecer os vínculos entre arqueoloxía e sociedade, abrindo a disciplina á comunidade, implicando a esta na súa práctica e trasladando esta reflexión ao ámbito da investigación e a xestión do patrimonio arqueolóxico.

O programa da xornada contempla sesións a cargo de expertos en temas de patrimonio cultural, como Felipe Criado, Kai Salas, Wilhelm Londoño, Jorge Batista, Miguel Lago, Gerry Wait ou Margarida Díaz Andreu; xunto con grupos de traballo e mesas redondas.

As condicións laborais do exercicio da profesión, a arqueoloxía como práctica produtora de coñecemento, o modo de articular a participación pública e a xestión do patrimonio, a relación entre a construción do patrimonio e a creatividade ou opatrimonio como recurso activo para un desenvolvemento sostible son algúns dos temas que se abordarán.

 

Pode que che interese...