fbpx
Fidel Castrol. icona da revolución cubana / CRTVE

Lugo quere ter o primeiro museo de Europa adicado a Fidel Castro

Tempo de lectura: 2 min.

Láncara, en Lugo, pode ser o principio e o fin da saga familiar dos Castro. Alí, nunha humilde casa naceu Ángel Castro, o pai do que foi un dos grandes líderes de América Latina, Fidel Castro, e tamén proxenitor de quen agora é o presidente de Cuba, Raúl Castro.

E esta casiña labrega pode albergar no futuro un museo adicado, precisamente, á familia Castro, e sobre todo ao seu membro máis coñecido, Fidel. O primeiro paso xa está dado. Grazas a unha moción que presentou o BNG na Deputación de Lugo, e que saíu adiante co apoio do grupo socialista e a abstención do PP e do deputado non adscrito, o ente provincial implicarase de forma activa nos trámites para converter a casa nun museo.

O alcalde de Láncara, Darío Piñeiro (PSdeG), confirmou que o Concello está “a negociar” a través do “consulado” de Cuba unha posible cesión da casa familiar do Castro, co obxectivo final de convertela nun museo sobre as raíces familiares de Fidel.

Casa do pai de Fidel Castro, en Láncara, Lugo

Pero, os trámites serán lentos porque, antes, a deputación terá que conseguir a cesión da casa familiar, xa que pertence a máis dunha vintena de herdeiros, de aí a dificultade de concretar a cesión por un período de tempo determinado ou mesmo de abordar unha operación de compra.

De feito, Piñeiro rRecoñeceu que a operación non será sinxela porque se trata da “típica” propiedade rural galega “indivisa”, que seguramente pertence a todos os herdeiros da familia Castro.

En todo caso, confía en que chegue a bo porto para crear un museo no que o goberno local ten postas moitas esperanzas, polo significativo que sería para un municipio do rural galego como Láncara.

Pode que che interese...