fbpx
Imaxe do filme "A paixón de María Soliña" / Youtube

María Soliña, a bruxa máis famosa de Galicia?

Tempo de lectura: < 1 min.

“O poder da muller coñecida como María Soliña: A bruxa máis famosa de Galicia”. Así titula Natalia Klimczaka unha reportaxe desta famosa muller galega no coñecido portal sobre historias e lendas do mundo ancient-origins.

Nesta noticia destácase a importancia que a “bruxería” tivo en Galicia e como a historia do país é unha mestura de “contos celtas, lendas romanas e a herdanza da bruxería, mesturado coa expansión do cristianismo”. “Por iso, as bruxas e os amuletos celtas son aínda parte da cultura galega”, engade.

Tras destacar a historia de Soliña, os seus enfrontamentos coa igrexa e as súas loitas cos turcos para liberar a Cangas dos seus ataques, Klimczaka destaca como a creencia nos antigos simbolismos, a bruxería ou míticas criaturas “é aínda importante hoxe en día”. “Cando estás en Galicia tes que ter coidado cos espíritos dos ríos, dos montes ou das casas. Moita xente aínda cre que eses seres míticos seguen vixiando e que te castigarán ou premiarán en función do que fas”, conclúe.

Pode que che interese...