fbpx
Claustro da portería do mosteiro de Montederramo, coñecido como claustro dos medallóns / wikipedia

Que ten que facer un particular cando quere mercar un BIC?

Tempo de lectura: 2 min.

A venda de parte dun dos grandes edificios relixiosos de Ourense, o Mosteiro de Montederramo, acaba de poñer enriba da mesa o complicado da xestións e da titularidade dos grandes bens patrimoniais do país.

Por iso, Historia de Galicia preguntoulle á Consellería de Cultura se houbo algún contacto co propietario da vivenda e o almacén, sitos nese mosteiro e que están á venda en destacadas inmobiliarias de España tal e como publicou este medio. “Non existe comunicación oficial da venda por parte do propietario a esta dirección xeral, nin temos constancia de que ninguén se puxese en contacto coa Consellería sobre esta cuestión”, asegura este departamento.

En todo caso, e conforme o disposto no artigo 49 da lei 5/2016 de patrimonio cultural, o dereito de tanteo e retracto para os BICs debe de ser comunicado á dirección xeral do Patrimonio Cultural, co prezo e o adquirinte.

A partir de entón, a Xunta de Galicia dispoñerá dun prazo de tres meses para exercer o dereito de tanteo para si ou para outras institucións públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro, tendo preferencia a Xunta de Galicia en caso concorrencia de intereses. Pero, polo momento, este non é o caso.

Fachada da igrexa do mosteiro de Montederramo / wikipedia

Deber de conservalo

Que pasaría entón se un particular se fai con esta parte do mosteiro?. Segundo recolle o artigo 32 da lei 5/2016 de patrimonio cultural, son os propietarios sobre os que recae a obriga de conservación e mantemento. “As persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens protexidos integrantes do patrimonio cultural de Galicia están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración”, recolle no seu artigo 32.

Con todo, a Consellería de Cultura lembra que publicou no DOG a resolución de 15 de marzo de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato del servizo de redacción do Plan director del Monasterio de Santa María de Montederramo que está, actualmente, en redacción.

Pode que che interese...