fbpx
Fachada da catedral de Santiago / spaincenter.org

Récord de visitas no Museo Catedral de Santiago

Tempo de lectura: < 1 min.

 

Récord de visitas no Museo Catedral de Santiago. En 2016 recibiu máis de 187.000 visitantes, unha cifra que converte o pasado ano “no mellor ano na historia” destas instalacións.

Nestes datos tivo que ver a exposición sobre Mestre Mateo no Museo do Prado e a divulgación sobre a restauración do Pórtico da Gloria, entre outras actividades.

Por iso, a Catedral de Santiago destacou a “alza moderada” dos visitantes a “tódolos programas”, así como a “consolidación” da actividade educativa (case 11.000 alumnos) e a de visitas guiadas para grupos (superando as 71.000 persoas).

Nun comunicado, recordou as actuacións realizadas no ámbito da conservación, con melloras na colección permanente e a recuperación de novas pezas. En paralelo, editáronse distintas publicacións relativas á actividade investigadora propia e á colaboración con universidades e outras institucións.

Pode que che interese...