A Trinidade, Andrei Rublev S.XIV-XV Galería Tretiakov (Moscú)

Un catálogo recolle a mostra de case 300 iconas relixiosas rusas que se exhibe no Museo das Peregrinacións

Un catálogo recolle a mostra de case 300 iconas relixiosas rusas –datados entre os séculos XV e XX– que alberga o Museo das Peregrinacións de Santiago, tras ser doados pola familia Santos-Illueca.

Inventariáronse as pezas unha a unha, e conseguiuse catalogalas de forma que poidan ser consultadas a través da bilioteca virtual europea. Un catálogo que combina a documentación fotográfica de cada elemento con completos textos de investigación, e que será distribuído en 200 institucións.

Esta primeira exposición temporal do Museo das Peregrinacións pódese visitar ata o día 28 de xaneiro, e polo momento recibiu a máis de 17.000 visitantes.

Este catálogo supón o “colofón” a un “longo e importante” traballo “colectivo” arredor desta mostra, que suporá unha “obra de referencia” para “o estudio e investigación das iconas” no futuro, segundo oI director do Museo das Peregrinacións, Bieito Pérez,

Así mesmo, o comisario da mostra, Xoel Rodríguez, fai fincapé en que “esta investigación non remata aquí”, xa que continuará no Museo das Peregrinacións a través de voluntarios e alumnos en prácticas.

As iconas

A icona é un produto da igrexa oriental dende os primeiros séculos do cristianismo -similar ao que poden ser as efixies dos santos para o catolicismo-, superadas as etapas anicónicas.

Cunha tradición de máis de 1.000 anos de historia tiñan como fin axudar ao fiel na súa oración, e mesmo a moitas delas se lle atribuían dotes milagrosos. A súa produción como obxecto de culto acabará estendéndose polos territorios que adoptaron a tradición da igrexa ortodoxa aínda que tamén existen, en moito menor número, na igrexa católica.

Estas obras están vinculadas coas distintas escolas que traballaron baixo a órbita da igrexa ortodoxa rusa e procedentes dos diversos países que conformaban a área soviético: Estonia, Letonia, Lituania, Belorrusia, a antiga Checoslovaquia e Ucraína, ademais de Rusia.

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: