fbpx
A directora, Noelia Comesaña, recolle o premio ao público no I Festival Telearqueoloxía

Unha curta sobre Toralla gaña o premio do público do I Festival de Telearqueoloxía

Tempo de lectura: < 1 min.

A directora viguesa Noelia Comesaña gañou coa curtametraxe “Veni, vidi” o premio do público do I Festival de Telearqueoloxía, organizado pola Deputación de Pontevedra e cofinanciado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade. A realizadora da obra ao igual que o resto do equipo técnico son alumnos do IES Audiovisual de Vigo. As actrices principais, Isabel Garrido e Eva Santana, estudan Interpretación na Escola de Arte Dramática de Galicia (ESAD). O resto do reparto artístico está formado por membros da Asociación Miramvicus, especializada en escenificacións históricas.

A curtometraxe amosa o, dos séculos IV e V despois de Cristo, o único destas características excavado en Galicia e que está aberto aos visitantes. Para chamar a atención sobre estes restos arqueolóxicos os guionistas, Noelia Comesaña e Victorino Martínez, idearon unha historia ao redor do xogo de Realidade Aumentada Pokemon Go. Dúas mozas, Paula e Sara, van á Vila Romana de Toralla á caza de pokémons e unha vez alí, unha delas comeza a ver a través do seu teléfono móbil os romanos que viviron en Toralla hai séculos.

O I Festival de Telearqueoloxía premiou curtametraxes que trataran de maneira orixinal sobre investigacións do patrimonio arqueolóxico na provincia de Pontevedra. Ademais de “Veni, vidi”, a curta máis votada polos público na categoría de “Bifaces”, maiores de 18 años, o primeiro premio do xurado foi para “Os restos do pasado: unha viaxe pola Lanzada”, realizado por José David Gamallo Mouteira e o segundo para “EQUUS: ferus atlanticus”, de Xilberte Manso de la Torre e Xosé Lois Vilar. Nesta categoría presentáronse 26 obras, entre elas, outra curtametraxe de alumnos do IES Audiovisual de Vigo, “Crime de pedra” sobre o expolio dos petroglifos nos montes galegos.

 

Pode que che interese...