fbpx
Fragmento de vasilla campaniforme atopada no Monte Pindo / Monte Pindo Parque Natural

As xoias do Monte Pindo incorpóranse á galería de Stoupa.gal

Tempo de lectura: < 1 min.

A Asociación Monte Pindo e a Tenda Turística Stoupa.gal asinaron esta semana un acordo de colaboración que permitirá que as xoias do Monte Pindo, entre elas o mítico Medallón das Sete Pitas ou a vasilla campaniforme, conten desde este ano co seu propio espazo na galería que vén de abrir Stoupa en Cee. Ata agora, a reprodución destas pezas só se podían adquirir durante as actividades da Asociación ou na súa tenda online.

Stoupa.gal é unha iniciativa pioneira que aspira a converterse nun verdadeiro expositor dos valores tan diversos que ofrece a Costa da Morte a veciñanza e visitantes: arte, gastronomía, música, natureza, moda, cultura, deporte, xoiería, etc. “É moi de destacar o seu compromiso cos produtos producidos aqui, coa artesanía local e os métodos de produción tradicionais, que se reivindican coma o verdadeiro valor diferencial da firma”, apunta a Asociación Monte Pindo Parque Natural.

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: