fbpx
O tunel do actual corredor do Morrazo pasa por baixo do castro de Montealegre e co desdobramento en autovía, construirase outro que afectará ao sitio / dendeomorrazo.files.wordpress.com

A Xunta di que a construción dunha autovía permitiu escavar o castro de Montealegre

Tempo de lectura: < 1 min.

“A afección como consecuencia das obras da autovía é mínima”. Foi a resposta que deu a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, sobre a situación do castro de Montealegre, en Moaña, un dos máis grandes de Galicia e que será afectado polo desdobramento do Corredor do Morrazo.

De feito, e tal e como publicou Historia de Galicia, esa situación provocou unha gran mobilización na comarca pero, sen moito éxito, porque a Xunta insiste en realizar a obra por donde estaba prevista, a pesar das propostas alernativas de diferentes asociacións.

A conselleira, que estivo hai uns días visitando as obras desta nova autovía, suliñou que foi, precisamente grazas a esta infraestrutura como se puxo en valor o castro e se realizou unha fonda escavación arqueolóxica. Está a “transformarse unha afección mínima a Montealegre nunha oportunidade para investigar, polo en valor e coñecelo de verdade”, destacou.

En todo caso, o Goberno galego anunciou que, tras as críticas, se aumentaron as prospeccións arqueolóxicas unhas semanas máis. É a única concesión da Xunta a este castro que verá como unha parte da súa contorna, incluídos foxos e parapetos, serán destruídos pola nova obra.

Licitacións

A Xunta licitou xa por 18,2 millóns de euros o terceiro tramo das obras de conversión do actual Corredor do Morrazo nunha autovía entre Vigo e Cangas. Con esta adxudicación, en 2017 espérase que estean en execución o tres tramos. De momento, o primeiro deles está executado ao 30 por cento e o segundo ao 17 por cento, o que vai acorde coa planificación prevista. “Se a climatoloxía acompaña e a investigación arqueolóxica tamén, imos en prazo”, asegurou.

Pode que che interese...