fbpx
Inauguración do XI Encontro Arqueolóxico do Barbanza / xunta.gal

Boiro convértese esta fin de semana en “centro de referencia” da arqueoloxía

Tempo de lectura: < 1 min.

Boiro converteuse esta fin de semana no “centro de referencia” da arqueoloxía galega tras a inauguración do XI Encontro Arqueolóxico do Barbanza, celebrado no salón de actos da Casa da Cultura Ramón Martínez López.

Esta edición reúne a destacados especialistas como María Eugenia Aubet Semmler; catedrática emérita de Prehistoria da Universitat Pompeu Fabra; Valentín Villaverde Bonilla, catedrático de Prehistoria da Universitat de València; Nicholas Márquez-Grant, Lecturer in Forensic Anthropology da Cranfield University; Antonio Faustino Carbalho, profesor de Arqueoloxía e Património Cultural da Universidade do Algarve; ou María del Carmen do Arco Aguilar, catedrática de Prehistoria da Universidade da Lagoa, entre outros.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, que participou na inauguración, destacou a importancia desta disciplina no municipio con exemplos como os Castros de Neixón, declarados Ben de Interese Cultural.

Rodeiro dedicou tamén unha mención especial ao Centro Arqueolóxico do Barbanza, “que trata de pór en valor e de dar a coñecer a historia milenaria destas terras” e eloxiou o esforzo dos seus integrantes por resaltar “a maxestuosidade de miles de anos de historia condensados no Neolítico, na Idade de Bronce e na cultura castrexa da Idade de Ferro”.

Pode que che interese...