Moda feminina na Idade Media / Moda, Alexander McQueen and Togas

Cal era o papel da muller na Idade Media?

A investigación sobre a importancia da muller medieval foi tradicionalmente marxinada nos estudos clásicos, e iso que existen mulleres de diferente condición que ocuparon unha posición relevante e que contaron cunha produción literaria, artística ou filosófica que aínda non experimentou unha valorización positiva nin un interese semellante ao suscitado polos homes.

Por iso, baixo esa premisa e coa dirección da investigadora do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) Esther Corral Díaz, organizase o primeiro congreso internacional sobre “A presenza feminina na escritura. Voces de mulleres durante a Idade Media”, que reúne durante tres días máis de 100 participantes, entre eles 67 especialistas de referencia no ámbito internacional, no antigo hospital de San Roque, desde este mércores e e ata o día 3 de febreiro.

O secretario xeral de Pol’tica LingŸ’stica, Valent’n Garc’a, participar‡ no acto de inauguraci—ón do Congreso Internacional ‘A presenza feminina na escritura’ / Xunta

O obxectivo é “visibilizar a importancia da feminidade e das voces de mulleres na Idade Media a través dos seus textos (literarios e non literarios), da súa contextualización histórica e de representacións iconográficas”, así como “indagar nas proxeccións e nos prexuízos en contra da feminidade” ou “presentar recursos dixitais de referencia sobre os estudos das voces de mulleres na Idade Media”, entre outros obxectivos.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García inaugurou esta mostra canda María Dolores Álvarez Pérez, vicerreitora de Estudantado, Cultura e Responsabilidade Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC); Esther Corral Díaz, profesora da mesma universidade, investigadora do CRPHI e directora do congreso; María do Cebreiro Rábade Villar, vicerreitora da Facultade de Filoloxía compostelá, e Francisco Cidrás Escáneo, director do Departamento de Filoloxía Galega da USC.

Toda a información e o programa está dispoñibles no web oficial do congreso https://www.vocesdemujeresmedievales.com/gl/.

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: