fbpx
Festa do Oso de Salcedo, na Pobra do Brollón, en Lugo / Youtube

Cando o oso era o ser máis temido e respectado de Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

A Festa do Oso é unha celebración histórica que mantén con vida a tradición e a pequena parroquia de Salcedo, na Pobra do Brollón, e que, ademais, conta con recoñecemento a nivel internacional, pois, existe unha réplica do traxe do Oso de Salcedo no Museo Internacional de la Máscara y el Carnaval de Binche en Bélxica.

A festividade celébrase ano tras ano o luns de Entroido, unha cita tradicional que simboliza a fecundidade das mulleres e a chegada da primavera. Esta festa atrae a máis de 3.000 persoas á parroquia de Salcedo e representa unha das celebracións máis importantes da Ribeira Sacra. Lembra, ademais, a importancia que, durante séculos, tivo o oso nas terras altas galegas.

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, remataron todos enfarruscados na festa do Oso de Salcedo / Deputación de Lugo

A tradición di que tras os cantos dos Cegos o Oso de Salcedo, un personaxe vestido con peles e cuberto cunha máscara, persegue os visitantes tinguíndoos de cinza, barro e carbón. Esta figura ancestral vai acompañada de entre 12 ou 14 criados que lle axudan nas súas tarefas, percorrendo todos os recunchos da localidade.

Tal é a importancia desta celebración que o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, participaron este luns nesta festa que se celebra no Concello da Pobra do Brollón. O organismo provincial colabora cunha achega económica de 4.000 euros para a promoción da cultura, identidade e tradición da provincia lucense.

Pode que che interese...