fbpx
Namoraban nas foliadas
Debuxo de Castelao

Como namoraban os galegos nas foliadas

Tempo de lectura: < 1 min.

Co obxectivo de recuperar a tradición oral, a concellería de Igualdade e Benestar do concello de Carnota volveu a organizar os seráns nas que veciños e veciñas do municipio se xuntan para recuperar historias e a música e o baile tradicional. “Xuntámonos para cantar, bailar e para compartir todos os xuntos as frías tardes-noites do verán”, aclara Belén Campos concelleira de Carnota.

Na primeira entrega, que foi o pasado luns día 23 de xaneiro, os protagonistas son Manolo do Armeiro e María de Fetós que recrean o pasado narrando como eran as fiadas, pandeiretas e regueifas dos seus tempos mozos. E, sobre todo, como eran eses bailes nos que namoraban por primeira vez moitos mozos.

O programa segue en marcha durante este 2017. “Queríamos que os seráns fosen unha alternativa ao aburrimento do inverno, pero observamos que a xente maior é mais reticente a saír das súas casas en épocas de frío; polo que este ano os seráns farémolos época do bo tempo”, suliñou Belén Campos.

Fonte: quepasanacosta.gal

Pode que che interese...