fbpx
Estatua das Dúas Marías na Alameda de Santiago / Youtube

As Marías de Santiago; a dura historia que agocha a famosa estatua da Alameda de Santiago

Tempo de lectura: 2 min.

A xornalista Áurea Sánchez acaba de iniciar unha campaña de crowdfunding para financiar a publicación do seu libro ‘As Marías de Santiago’, no quere recuperar a historia destas coñecidas irmáns que hoxe son un emblema da capital galega e que foron moi coñecidas durante os anos 60 e 70.

‘As Marías de Santiago’ pretende ser un relato histórico sobre dous das figuras máis populares da capital galega, coñecidas por alcumes como ‘As Marías’ ou ‘As Dúas en Punto’, aínda que menos polos seus verdadeiros nomes, María e Coralia Fandiño Ricart.

Áurea Sánchez puxo o manuscrito de ‘As Marías de Santiago’ en mans dos editorial Libros.com, que abriu unha campaña de crowdfunding para financiar a súa publicación. Segundo esta empresa, son necesarios 100 mecenas para levar a cabo a edición.

Coralia e Maruxa, as Dúas Marías, nun dos seus habituais paseos por Santiago

E quen eran as Dúas Marías?

As irmás Maruxa (morta no 1983) e Coralia (falecida no 1980), representadas dende hai anos nunha célebre escultura situada no parque da Alameda, foron moi coñecidos nos anos escuros da posguerra na capital galega polos seus paseos cotiás pola Zona Vella da cidade, vestidas e maquilladas dun xeito moi chamativo con roupas de cores vivos; azuis, vermellos e laranxas. Estes paseos, que tiñan lugar ás dúas en punto do medio día (de aí un dos seus alcumes).

Maruxa e Coralia puñan esa cor tan necesaria nuns tempos grises, unhas cores, e unha maquillaxe que era un xeito de protesta contra un Réxime que as maltratou, as torturou e asasinou a boa parte da súa familia. Un dos seus irmáns foi paseado durante a guerra, e os outros dous fuxiron, mais finalmente foron descubertos e encarcerados polas súas ideas anarquistas.

As dúas Marías buscaron neses paseos das dúas o xeito de fuxir desa dura represión. Pasaron apuros económicos pero os veciños de Santiago sentían simpatía cara a elas, e cando logo da guerra pasaron a vivir da caridade, quen quería axudalas non lles daba a esmola directamente, senón que mercaban cousas para elas nos comercios da cidade.

Pode que che interese...