fbpx
Parte do mural ‘Vista de A Coruña 1669’, de urbano Lugrís / Abanca

O mural ‘Vista de A Coruña 1669’, de Lugrís, será BIC

Tempo de lectura: < 1 min.

O mural ‘Vista de A Coruña 1669’, de Urbano Lugrís, que se atopa en proceso de restauración na oficina principal de ABANCA na Coruña, será declarado Ben de Interese Cultural (BIC) este ano segundo informou a Consellería de Cultura.

O mural, enmarcada no surrealismo galego de mediados do século pasado, é unha peza dun valor cultural clave, especialmente para a cidade herculina. Nela pódese contemplar unha paisaxe onírica e figurativa da península da Coruña, cun primeiro plano da cidade e coa presenza de elementos icónicos da urbe como a torre de Hércules, o castelo de Santo Antón, a cidade vella ou os desaparecidos muíños de vento de Monte Alto. Ao longo da súa historia puido contemplarse en diferentes contextos, nomeadamente un salón de baile da rúa Real, a sede na cidade de varias entidades bancarias e o Caffé Vecchio.

O conselleiro, Román Rodríguez, visitou este xoves o mural e lembrou que desde o primeiro momento os traballos de división do mural, traslado e restauración do mesmo estanse a levar a cabo cos máximos controis por parte da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, a través da supervisión directa por parte de persoal do departamento. Non en balde, o mural goza da máxima protección patrimonial desde que no Diario Oficial de Galicia do 30 de marzo de 2016 se incoara o expediente de declaración como BIC.

Pode que che interese...