Fortaleza de Monterreal, en Baiona / Grupo Thais

O símbolo oculto da fortaleza de Baiona

Tempo de lectura: 2 min.

A fortaleza de Baiona oculta un símbolo que poucos coñecen e que representa á cidade. Por iso, o concello, con motivo do 520 aniversario da Carta Puebla concedida polos Reis Católicos, sinalizará a misteriosa e pouca coñecida figura do “Boi” que foi descuberta en 2010 nos muros da Fortaleza do Monte Real.

“En los tiempos pasados ovo guerras con gentes estranjeras recibieron mucho daño (…), que la población de la dicha villa se pasase e mudase a Monte de Buey que es junto con la dicha villa, que agora Nos mandamos llamar Monte Real porque allí estará más fuerte e más segura”, recolle o documento de hai 520 anos. Entón, o 15 de xaneiro de 1497, os Reis Católicos concedían a Baiona numerosos privilexios e o Monte Boi pasaba a denominarse Monte Real.

Agora, o Concello de Baiona, pretende poñer en valor aquel feito histórico grazas a unha “misteriosa” figura dun boi que foi atopada nos muros da Fortaleza e que indica, segundo as versións históricas máis aceptadas, a orixe da Real Vila.

Réplica da Carabela La Pinta, a primeira en chegar a territorio europeo logo da descuberta de America / baiona.org

Un artigo de divulgación escrito polo historiador baionés Anxo Rodríguez Lemos converteuse no punto de partida para que Baiona decidise promocionar a existencia da figura nos muros. En próximas datas, o Concello instalará no paseo, á altura da praia dos Frades, unha sinalización que indica a presencia do “Boi”.

“Fronte á Praia e Horta dos Frades, ambos paraxes así denominados en lembranza daquel ano de 1541 no que Frai Juan Pascual fundou baixo a advocación de San Francisco de Asís un convento fora da muralla que acabaría sendo trasladado ao seu interior, atópase un dos símbolos principais do escudo desta vila, o boi”, explica Anxo Rodríguez.

Como atopalo

O historiador ofrece unha serie de indicacións para atopar unha figura que a simple vista pasa desapercibida. “Unha vez na explanada de San Francisco “El Viejo”, é dicir, próximos á baixada á citada praia, debemos localizar na muralla a coñecida como Porta do Pozo pola que se accedía ás hortas extramuros. Vendo cara a esquerda e contando dende a garita  sobre a citada porta unhas trinta y seis almenas cara nosa esquerda, atoparemos, aínda malparado polo tempo e por algunha reconstrucción en cemento, ao noso animal”, relata.

Segundo asegura o historiador, unha mala interpretación do topónimo “Monte do Boi” fixo que se tomasen como Armas da Vila “un nauio y un buey” e que figurasen no seu escudo. “O navío, tradicionalmente vinculado á chegada da carabela Pinta en 1493 fai referencia para outros á frota que partiu de portos cantábricos e atlánticos baixo o mando de Paio Gómez Chariño en 1247 cara a toma de Sevilla. Se as embarcacións vinculan co mar, o boi, para case todos os autores responde ao antigo nome da península”, apunta. Máis no xornal Galicia Confidencial.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: