Cartel do Ars Magiria, o evento gastronómico romano do Arde Lucus

Participa no cartel do Arde Lucus do 2017

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua abriu a votación popular do concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador do Arde Lvcvs 2017, para que sexan os veciños os que seleccionen a imaxe desta festa declarada de interese turístico galego.

Poderase votar ata o venres, 24 de febreiro, ás 12:00 horas a través da páxina oficial destes festexos na rede social Facebook, www.facebook.com/ardelucuslugo, premendo no botón de gústame que aparece na imaxe de cada un dos carteis.

Tras esta votación popular, un xurado formado por tres persoas expertas seleccionará, entre as 10 de maior puntuación, a obra gañadora. O fallo levarase a cabo o 27 de febreiro ás 11:00 horas na Casa da Xuventude. Como en edicións anteriores, o premio para o gañador ou gañadora ascende a 1.000 euros, sendo o traballo que anuncie esta festa nesta edición.

Para máis información sobre o Arde Lvcvs, pódese consultar a páxina web www.ardelucus.com e as contas oficiais nas redes sociais facebook, twitter, instagram e youtube.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: