fbpx
Mámoa das carriceiras / Asociación Os Vilares

Piden escavar unha mámoa en Guitiriz tras atopar novos elementos do conxunto megalítico

Tempo de lectura: < 1 min.

As últimas chuvias e unha recente limpeza acaban de sacar á luz novos elementos da coñecida como mámoa das Carriceiras, descuberta o pasado verán polo directivo da Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares, José Luís Teijido Comba (Luís de Fabete), no monte comunal desta parroquia de Guitiriz.

“Este quinto elemento confirma as sospeitas do arqueólogo Marcial Tenreiro de que hai moito máis enterrado e posiblemente en bó estado de conservación”, apunta esta entidade que pide unha escavación deste ben. “Volveremos a facer consultas profesionais para estudiar este novo descubrimento e ver que posibilidades hai de seguir a investigar na mámoa, mesmo algunha pequena escavación que saque á luz novos elementos”, indica a entidade nun comunicado.

Esta mámoa, tal e como rrecolle o colaborador de HdG, Elixio Vieites en Patrimonio Galego, ten un túmulo de terra duns 25 metros no eixo norte-sur e 20 m. leste-oeste. Conserva tres esteos fincados que sobresaen do chan na súa parte central, dous deles chegarían aos 90 cm. de altura. Poderían formar parte dunha cámara poligonal do dolmen, ao que lle faltaría a súa cuberta.

Pode que che interese...