Imaxe aérea do Castro de Montealegre, que se verá, novamente, seriamente afectado polo desdobramento do Corredor do Morrazo

Pode un castro salvarse no medio dunha autovía?

A xunta insiste en defender as obras do desdobramento da Autovía do Morrazo, que desfarán boa parte do Castro de Montealegre, en Moaña. Un castro que, sen embargo, para a Xunta foi escavado, estudado e protexido grazas, precisamente, ás obras desa infraestrutura.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) , Francisco Menéndez, volveu suliñar no Parlamento galego que a Xunta “só contempla unha alternativa na execución da Autovía do Morrazo”, que é “garantir a máxima seguridade viaria, pór en valor o castro e protexer a paisaxe mediante unha minimización do impacto ambiental”.

Situación do castro de Montealegre, afectado pola autovía do Morrazo

En resposta a unha pregunta do BNG, Menéndez destacou que, grazas ás obras de desdobre do Corredor do Morrazo, está a realizarse unha escavación do Castro de Montealegre que permite “un importantísimo labor de investigación en campo e en laboratorio” que, na súa opinión, “permitirá profundar no coñecemento das características propias deste asentamento”.

Sen embargo, insiste en defender o trazado actual dese vial que destrozará boa parte do sitio arqueolóxico. Sen embargo, para a Xunta, o impacto das obras no ámbito do castro é “mínima”, xa que a súa existencia foi considerada para proxectar o desdobramento e, de acordo con Patrimonio, “adoptáronse medidas preventivas para reducir ou impacto”.

“Melloras” no castro?

Ménendez suliñou que, tras a escavación, mellorarase, acondicionaráse e recuperaráse a paisaxe tradicional no resto de terreos do castro e prometeu actuacións para polo en valor. “Non desdobrar o primeiro treito contravén os principios de seguridade viaira”, alegou.

Pola súa banda, a deputada do BNG, Montse Prado, puxo onte en dúbida esa “afección mínima” sobre o xacemento da que fala a Xunta. Prometeu seguir á beira do executivo local “vixiando a preservación deste castro” e criticou que Patrimonio sexa tan esixente cos particulares “e tan relaxado cando trátase dás obras que promove a Xunta”.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: