fbpx
Armadura samurai no museo de San Pedro de Narla / @miryam_otero

Que fai unha espectacular armadura samurai do século XIV no medio de Lugo?

Tempo de lectura: 2 min.

Hai nunha sala dun museo galego unha fermosa armadura dun poderoso guerreiro xaponés do século XIV. Unha armadura dun auténtico samurai que chegou a Galicia por casualidade e que rematou nunha das salas do Museo de San Pedro de Narla, dependente da Deputación de Lugo. Segundo o propio museo esa coiraza está datada no período Muromachi, coñecida tamén como era Ashikaga, que se desenvolveu entre os anos 1336 e 1573.

Pero, como chegou unha armadura así a Lugo?. A esa pregunta daría cumprida resposta Juan López Suárez, que naceu no Saviñao en 1884, e que se coñece co pesudónimo de Xan de Forcados. Este filántropo coñeceu a destacados galeristas e anticuaristas en Madrid e crese que a armadura puido tela adquirido nunha das súas viaxes ao estranxeiro. O 13 de xullo de 1942 pasou a formar parte dos fondos do museo por doazón do propio Xan de Forcados.

Armadura samurai no museo de San Pedro de Narla / museo de San Pedro de Narla

Actualmente atópase na Torre da Homenaxe do castelo, que é a que alberga as coleccións de armas brancas e de fogo, na que destacan, ademais da armadura samurai, outra de placas de hasta, así como dagas, machetes, espadas, revólveres de percusión, de tambor ou de chispa, fusís ou canóns.

Características

A armadura samurai, a diferenza da armadura usada polos cabaleiros europeos, sempre estaba deseñada para a mobilidade. Estaban feitas de chapas lacadas de coiro ou metal, coidadosamente unidas por cordóns de coiro ou de seda. Os brazos estaban protexidos por escudos, con hombreiras rectangulares grandes e lixeiras, e mangas blindadas.

A parte máis estraña e complicada da armadura, o casco kabuto, tamén cumpriu o seu propósito. Estaba feito de placas metálicas remachadas, mentres que a cara e a fronte estaban protexidas por unha peza de armadura que se ataba ao redor de detrás da cabeza e baixo o casco. Defendía ao guerreiro de frechas e espadas que viñan desde todos os ángulos. Moitos cascos tamén contaron con adornos e pezas acoplables, incluíndo un bigote, unha máscara demoníaca mengu que tanto protexía a cara e daba medo ao inimigo.

Aínda que a armadura samurai pasou por cambios significativos no tempo, o seu aspecto xeral sempre se mantivo bastante constante. Foi tan ben feita e eficaz, que o Exército de EE.UU. baseouse nestas armaduras para crear os chalecos antibalas actuais.

Pode que che interese...