fbpx
Destrozo da Fonte de San Vicente, na Praza do Campo de Lugo / Youtube

Canto vai custar a restauración da estatua do XVIII que esnaquizaron uns vándalos en Lugo

Tempo de lectura: < 1 min.

A estatua de San Vicente de Lugo, erixida en 1754, e destrozada por uns vándalos, volverá a ocupar o seu lugar emblemático na Praza do Campo grazas á restauración que acometerá o concello. Para levar a cabo as tarefas de recuperación, para as que é necesario o visto bo de Patrimonio da Xunta, e a súa posterior instalación, a entidade local destinou uns 6.000 euros

Tras a avalación de danos, que arroxaron damnificacións na cabeza, fragmentada en 3 partes, roturas e golpes na zona do manto na súa parte dianteira e na capucha e na manga dereita do hábito, o concello encargou un proxecto de restauración para acometer a súa recuperación.

Tras unha limpeza en seco, pegaranse os 6 fragmentos; 3 da cabeza, 1 da manga e 2 da túnica, con resina epoxi. Así mesmo reconstruiranse os volumes de menor entidade, e procederase ao selado de fracturas, lavado, aplicación de cloruro, consolidación de cal, hidrofugación e matización de cor. Para a súa restauración e posterior instalación, o Concello destina uns 6.000 euros.

Firma luguesa Resconsa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, avanzou os pasos que o Concello leva facendo nas últimas semanas para restaurar a Fonte de San Vicente. Así, suliñou que a firma luguesa RESCONSA e as dúas restauradoras, Dolores Lago e Isabel Vázquez, elaboraron un informe xustificativo de porque o sistema e modelo escollido é o mellor para recuperar a estatua, documentación que será remitida ao Servizo de Patrimonio da Xunta para que o autorice.

Unha vez recibida a notificación positiva da administración autonómica, a entidade local porase mans a obra para repoñer no mellor estado posible a estatua de San Vicente no seu lugar emblemático na Praza do Campo e no que sempre ocupou entre os veciños e veciñas de Lugo.

Pode que che interese...