fbpx
Arquitectura popular galega / RTVE

A Arquitectura Popular en Galicia, agora en formato cinema

Tempo de lectura: 2 min.

‘Artes e tradicións populares: a arquitectura popular en Galicia’ é unha serie de documentais que Radio Televisión Española (RTVE) acaba de poñer a disposición da cidadanía en formato cinema e que está baseada na obra de investigación ‘Arquitectura popular en Galicia’, do arquitecto Pedro de Llano. O obxectivo é favorecer a divulgación entre o público xeral do contido destas pezas audiovisuais, que están.

Durante a presentación que tivo lugar este mércores, o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou o labor levada a cabo polo autor do libro, grazas ao que os galegos dispoñen de “unha documentación e narración exhaustiva de como foron ao longo do tempo” as edificacións populares. Unha labor, engadiu, grazas á cal a arquitectura popular pasou de “ser un feito cultural próximo, pero esquecido, a manifestarse como unha parte consciente” da identidade galega e, por tanto, do seu “patrimonio”.

O secretario xeral destacou tres actuacións da Xunta encamiñadas a “avanzar” na protección da paisaxe. En primeiro lugar, nomeou a inclusión dunha nova categoría de Ben de Interese Cultural, a de paisaxe cultural, que “da entidade ao que nalgún tempo foi considerado paraxe pintoresca”.

Ademais, Lorenzo lembrou que se está traballando na elaboración dun Plan Estratéxico de Dinamización dos Pequenos Centros históricos, unha iniciativa coa que o Goberno galego quere “favorecer a conservación destes núcleos á vez que se promove a fixación de poboación neles”. terceiro lugar, mencionou a publicación da ‘Guía de boas prácticas para as actuacións nos Camiños de Santiago’, con recomendacións coas que se garante “a salvagarda das súas características tradicionais, culturais e paisaxísticas”.

Pode que che interese...